Skip to main content

Agestic

Perfil: 

AGESTIC é unha organización empresarial que agrupa con carácter voluntario ás empresas do sector de tecnoloxías de información e comunicación cuxo ámbito de actuación é a Comunidade Autónoma de Galicia, foi constituída o 1 de Decembro de 2003 e os seus fins fundamentais son:

  • A representación e defensa dos intereses xerais e comúns dos seus membros, ante as Administracións e Organismos dos que dependa a Sociedade de Información.
  • Informar, formar e asesorar aos seus asociados de cantos asuntos sexan do seu interese.
  • Establecer e prestar servizos de interese común ou específicos que lle requiran os seus membros, tanto de asesoramento profesional como técnico e desenvolvendo os programas formativos adecuados.
  • Fomentar a unidade e solidariedade entre organizacións empresariais, mediante a participación directa ou indirectamente noutras de ámbito superior, CEOE, CEG, Confederacións Provinciais e Federacións Sectoriais.
  • Organizar todo tipo de actividades, xornadas, seminarios, programas formativos, convenios de colaboración accesos de axudas e subvencións, proxectos de difusión e implantación das novas tecnoloxías, que redunde en beneficio dos seus membros e da sociedade xeral.
  • Realizar calquera tipo de actividade que tenda á promoción e utilización das novas tecnoloxías dentro da Sociedade da Información, actuando como entidade representativa do empresariado do sector nos órganos consultivos e de colaboración coa Xunta de Galicia.

Todas as actividades de AGESTIC, terán en conta o mantemento da mellor imaxe pública e o prestixio da actividade profesional do sector.