Skip to main content

Apoios e axudas

Apoios e axudas

Nos primeiros pasos de exportación é conveniente ir ben apoiado. Por iso, a empresa dispón de diversos organismos que lle poden axudar no camiño. A continuación enumeramos algúns deles:

 

 

As Cámaras de Comercio galegas (http://www.camarasgalicia.com) poden axudalo facilitándolle todo tipo de información e asesoramento relacionado co comercio exterior: directorios de empresas, información sobre mercados, aranceis, lexislación, estatísticas de importación-exportación, estudos de mercado, etc.           
Ademais dispoñen de dous programas de axuda para empresas que queiran promoverse no exterior:

 

§   Plan FOEXGA - PLAN DE FOMENTO DAS EXPORTACIÓNS GALEGAS. Plan conxunto das 9 Cámaras galegas e a Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia.

§   Dentro do devandito plan organízanse misións comerciais, visitas e participacións en feiras, misións inversas, encontros empresariais, bolseiros no exterior, etc.

§   Plan PIPE - PLAN DE INICIACIÓN Á PROMOCIÓN EXTERIOR - É un plan dirixido a pequenas e medianas empresas cun produto ou servizo propio que exporte menos do 30% da súa facturación. www.portalpipe.com