Skip to main content

Datos Técnicos

Título   NÚCLEO DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPRESAS
Acrónimo   NACCE
Palabras clave   Viveiro de ideas TIC
Teleformación innovadora, altamente interactiva.
Apoio á materialización de proxectos.
Comunidade transfronteriza de emprendedores.
Servizos conxuntos a empresas TIC.
Coste total indicativo   España: aprox. 85%,
Portugal: aprox. 15%,
Axuda   FEDER: máx. 75% dos gastos elixibles do proxecto
Calendario estimativo   Inicio: 01/12/2010
Finalización: 01/12/2012
Socios España   Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Promoción do Emprego (Xefe de fila);  Dirección Xeral de Formación e Colocación.
AGESTIC (Promotor)
Cámara de Comercio de Vigo
Universidade de Vigo
Socios Portugal   AIMINHO
CCG

 

DESCRICIÓN

Público obxectivo

  • Empresas TIC de Galicia e Norte de Portugal
  • Emprendedores TIC de Galicia e Norte de Portugal
  • Autoridades públicas dos diversos niveis de intervención.
  • Asociacións empresariais e profesionais.
  • Centros educativos de FP e universidades.
  • Estudiantes universitarios e de FP con ideas emprendedoras TIC.
  • Entidades de inversión e Business Angels.

Obxectivo xeral

Fomentar a competitividade e o emprego na Eurorrexión a través do apoio á creación de empresas TIC, e o desenvolvemento de servizos conxuntos.

Obxectivos específicos

  • Identificar e aproveitar as sinerxias entre as empresas TIC na Eurorrexión.
  • Dinamizar a cooperación transfronteiriza empresarial.
  • Aumentar o número de empresas TIC na rexión.
  • Promover formación innovadora para emprendedores e empresarios do sector TIC.
  • Elevar e transferir os resultados a nivel nacional, europeo e internacional.

 

ACTIVIDADES

CREACIÓN DO NÚCLEO NACCE-TIC NUCLEO DE APOIO Á COMPETITIVIDADE E A CREACION DE EMPRESAS TIC

  • Deseño, configuración, procura de socios e entidades, deseño de metodoloxías de traballo e protocolos de actuación para a creación do Núcleo.
  • Definición e desenvolvemento da base da plataforma software 2.0 de soporte as redes sociais e comunicación colaborativa NACCE.
  • Plan de sostenibilidade, valorización e capitalización dos recursos e ferramentas do proxecto

XERACION DE PROXECTOS COMUNES ENTRE PYMES TIC DA EURORREXIÓN

  • Elaboración de metodoloxías, protocolos e contidos formativos para a dinamización de actividades de colaboración entre empresas en proxectos comunes
  • Definición e desenvolvemento da plataforma 2.0 para a xestión de proxectos comunes entre empresas e a súa dinamización por NACCE
  • PLAN PILOTO - XERACION DE PROXECTOS COMUNES ENTRE EMPRESAS TIC DA EURORREXIÓN E A SÚA POSTA EN VALOR 100 empresas 20 proxectos comunes

INTERNACIONALIZACION DAS PYMES TIC TRANSFRONTERIZAS

  • Observatorio sobre internacionalización de Pymes TIC: estudios normativos en diversos paises, asesoría, visita e exploración de novos mercados.
  • Definición de metodoloxías, protocolos e compoñentes formativos para o apoio de novas iniciativas de internacionalización de pymes TIC.
  • PLAN PILOTO - PROXECTOS DE INTERNACIONALIZACIÓN DE PYMES TIC 20 empresas

CREACION DE EMPRESAS TIC OU XERACIÓN DE NOVAS LINEAS DE NEGOCIO

  • Definición e desenvolvemento da plataforma 2.0 para o seguimento de plans de creación de empresas e de proxectos de novas líneas de negocio
  • Elaboración das metodoloxías docentes, protocolos de apoio á xeración de novos negocios e elaboración de contidos formativos e de apoio á transferencia de tecnoloxía e a innovación
  • PLAN PILOTO - FOMENTO DE EMPRENDIZAXE TIC NA EURORREXIÓN NORTE-GALICIA 200 emprendedores e 20 novas lineas de negocio

XESTIÓN E COORDINACIÓN

COMUNICACIÓN