Defini-la oferta. Contrato internacional
A elaboración da oferta comercial e o peche da venta. O contrato de compraventa internacional.
Definido o cliente ao que queremos ir e a vía de acceso pola que queremos posicionalos, podemos empezar a definir a nosa oferta, é dicir o que damos.
En termos de servizos, isto corresponde á solución ao problema de que e canto queremos dar en termos de servizo, alternativas, opcións, tempo, etc.
En calquera caso, existirá sempre unha diferenza entre o que denominamos o servizo básico e os servizos complementarios que como o seu nome indica, reforzan e dan diferenciación ao servizo básico prestado.
Poden coexistir cos que chamamos servizos facilitadores, que sen complementar directamente co servizo básico, axudan á prestación do servizo.
Definida a oferta do servizo, adoita ser conveniente formular a forma na que ese servizo obtén unha tanxibilidade indirecta a través dos obxectos. Ás veces estamos a falar de decoración no lugar de prestación do servizo, ou elementos recordatorios de diverso tipo (bolsas, elementos de presentación, documentación, testemuñais, etc.).
A demanda internacional é unha petición de información sobre a empresa e os seus servizos que obedece a unha intención de compra dun cliente actual ou futuro.
Dende que o cliente se interesa pola compra dun servizo, ata que recibe e paga a prestación contratada, a operación comercial pasa por distintas fases: demanda, oferta, pedido e entrega.
A ofertade dunha empresa a un cliente debe atender a unha demanda concreta deste, responder a todas as súas preguntas e non deixar lugar a dúbidas nas condicións que se propoñen.
Sempre que se recibe unha demanda internacional se deber realizar certas verificacións para coñecer que información convén ter antes de responder cunha oferta: informes comerciais, cobertura de rego de non pagamento, cambio de divisa do país, normativa do país,..etc.
Se o comprador está conforme co servizo, se negocian os termos de venda e o vendedor envía unha oferta en firme. Esta mesma convértese en contrato de prestación de servizos se é aceptada polo comprador.
A información básica que debe figurar na oferta é:
- Nome e descrición do servizo
- Condicións de entrega
- Garantías
- Prezo do servizo
- Validez da oferta
O contrato é un dos modos de crear obrigas. As obrigas contractuais teñen forza de lei entre as partes e deben cumprirse conforme ao pactado no contrato.