Passar para o conteúdo principal

Descriçao

A tradução não está disponível neste momento. Pedimos desculpas por qualquer inconveniente.

O proxecto NACCE, ‘Núcleo de Apoio á Competitividade e á Creación de Empresas TIC’, é unha iniciativa do todo innovadora que pretende revolucionar o sector TIC na rexión transfronteiriza de Galicia – Norte de Portugal a través da cooperación de empresas TIC, entidades TIC e de emprendemento e persoas (profesionais do sector, estudiantes, profesores, etc) de ambos lados da fronteira,

Ten os OBXECTIVOS de:

  • mellorar a competitividade das empresas tecnolóxicas xa existentes mediante a colaboración en proxectos entre as empresas TIC de Galicia e Norte de Portugal e a xeración de novas liñas de negocio.

  • axudar á súa internacionalización e así ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento.

  • crear empresas tecnolóxicas, orientar, asesorar e apoiar aquelas persoas con ideas emprendedoras de base tecnolóxica, de internet ou contidos dixitais...que desexen crear unha empresa TIC, dende a idea ata a súa posta en marcha.

  • asesorar empresas tecnolóxicas de recente creación en calquera aspecto que necesiten (mercadotecnia, financiamento, posibilidade de realizar contactos, novos socios, clientes...)

  • poñer en común a todos os protagonistas do sector TIC de Galicia e Norte de Portugal: empresas, entidades, profesionais... para compartir o que se fai e así xerar sinerxías e crecemento, desenvolvemento de produtos/servizos en colaboración, fomentar o emprego e a mobilidade...

  • todo iso con miras internacionais, proxectos globais nun mundo global.

DIRIXIDO A:

  • Persoas interesadas en crear unha empresa de base tecnolóxica ou que a crearon recentemente (xa sexan tecnoloxías aplicadas á saúde, educación, comercio, banca, Internet, aplicacións móbiles, realidade virtual, contidos dixitais etc) en Galicia ou o Norte de Portugal.
  • Empresas TIC de Galiocia e do Norte de Portugal interesadas en desenvolver proxectos en colaboración e novas liñas de negocio ou que desexen internacionalizarse.
  • Ademais da formación e o asesoramento, a mellor iniciativa TIC recibirá 6.000 euros.

PROXECTO PROMOVIDO POR:

O proxecto inscríbese dentro da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, está liderado pola Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia xunto con AGESTIC - Asociación Galega de Empresas TIC-, Cámara de Comercio de Vigo, Universidade de Vigo, AIMinho - Associaçao Empresarial e o CCG/ZGDV - Centro de Computaçâo Gráfica

METODOLOXÍA:

O núcleo NACCE está integrado por empresarios e emprendedores TIC de éxito, profesionais, consultores e expertos en todas as áreas empresariais (internacionalización, mercadotecnia, fiscalidade etc) e membros de institucións tanto públicas coma privadas que ofrecerán apoio, asesoramento, orientación personalizada e ferramentas necesarias ás empresas e emprendedores do sector nos seguintes ámbitos e segundo as necesidades de cada participante:

  • Proxectos comúns de colaboración TIC Galicia - Norte de Portugal
  • Internacionalización de empresas TIC
  • Creación de novas empresas TIC e novas liñas de negocio

Este núcleo operará de forma virtual na seguinte plataforma web 2.0 e persoalmente nos foros previstos (de innovación, colaboración, de internacionalización) e nas mesas de traballo. Tamén se pon a disposición dos participantes unha oficina de asesoramento a pemes transfronteirizas en materia de internacionalización situada en Cámara Comercio Vigo.

  • Un equipo de expertos en cada área orientará os participantes nas claves para realizar proxectos en colaboración, internacionalización, o emprendemento e a creación de novas liñas de negocio. Guiarán cada caso particular segundo as circunstancias do participante.
  • Os participantes poderán realizar unha, dous ou as tres áreas segundo as súas necesidades
  • Os participantes terán acceso en todo momento aos contidos on-line das áreas para ampliar coñecementos, realizar prácticas e avaliar os seus avances.
  • Os participantes contarán co privilexio de ser asesorados polos mellores especialistas a nivel nacional e internacional
  • Todo iso de forma gratuíta, on-line e con foros e mesas de traballo de apoio.
  • Duración: 8 meses máximo (cada caso particular segundo as circunstancias do participante